Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 09 de outubro de 1997 Páx. 9.847

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1997 pola que se anuncia convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo.

Portos de Galicia convoca probas de selección para cubri-la seguinte praza de persoal laboral fixo.

1. Xefatura do departamento de Xestión Económica e Orzamentaria.

1. Requisitos xerais.

a) Ter nacionalidade española e ter cumpridos os 18 anos de idade.

b) Estar en posesión dos requisitos esixidos e da titulación académica (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea), ou da experiencia profesional que se require para a praza.

c) Posuí-la capacidade funcional, física e psíquica para o desempeño das tarefas habituais de cada praza.

d) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

2. Requisitos específicos da praza.

1. Xefatura do departamento de Xestión Económica e Orzamentaria.

Os requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse para a praza son:

-Título mínimo esixido: licenciatura e Ciencias Económicas ou Empresariais.

-Experiencia mínima dun ano en funcións de dirección de departamento xestión económica ou dirección económico-financeira.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

Coñecementos sobre: ámbito normativo do ente público Portos de Galicia e xestión de servicios de estructuras afíns ós portos, Plan Xeral de Contabilidade Pública e das empresas mercantís e normas de valoración, contratación administrativa e sistemas de xestión orzamentaria, fondos estructurais da Unión Europea, planificación e sistemas de financiamento de investimentos en grandes infraestructuras, estudios de rendibilidade económica, orzamentos de capital e explotación, avaluación de operacións financeiras.

Valorarase:

Capacidade de relación e de integración en grupo de traballo, experiencia en xestión de proxectos de investimento, formación complementaria.

Tódolos requisitos xerais e específicos deberán posuírse no día do remate do prazo de presentación de solicitudes, e mantelos ata o asinamento do correspondente contrato.

3. Solicitudes.

Para tomar parte nas probas de selección deberase presentar solicitude de acordo co modelo de instancia que figura no anexo I xuntando ademais a seguinte documentación:

3.1. Forma.

-Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite os requisitos míminos xerais e específicos.

-Documentación acreditativa dos méritos que se aleguen para a súa valoración, ben orixinal ou fotocopia compulsada. Acreditarase a experiencia con historial completo da Seguridade Social ou con certificado de empresa.

3.2. Lugar e prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte

ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes dirixidas ó presidente do ente público Portos de Galicia presentaranse no rexistro xeral do ente público, na praza de Europa, 5A-6B, 15707 Santiago de Compostela.

4. Procedemento de admisión e selección.

1. Esgotado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, coa motivación da exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de 5 días naturais para, a petición do interesado, emendar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, incluíndo lugar e data en que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do DNI. Estas listas serán publicadas nos taboleiros de anuncios de Portos de Galicia.

2. As probas de selección consistirán nunha proba teórico-práctica e entrevista persoal.

A) Proba teórico-práctica.

-Proba teórico-práctica: versará sobre os coñecementos e demais requisitos esixidos na convoca

toria para cubrir este posto, que haberá que superar para pasar á entrevista persoal.

A proba teórico-práctica poderá realizarse nunha ou dúas fases por criterio da comisión de selección; en calquera caso, soamente pasarán á entrevista persoal aqueles candidatos que superen a dita proba.

Unha vez corrixida a proba teórico-práctica, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios de Portos de Galicia a lista de aprobados e suspensos, e incluirá o lugar e a data de realización das entrevistas persoais.

B) Entrevista persoal: valoraranse os coñecementos do candidato, ademais da súa adecuación ó posto de traballo. Para tal efecto a comisión poderá comentar co aspirante cuestións relacionadas co programa e coas funcións que hai que realizar.

C) Rematado todo o proceso anterior, a comisión de selección publicará o nome das persoas seleccionadas no taboleiro de anuncios de Portos de Galicia, facendo consta-la data de ingreso, así como a documentación complementaria que deberán achegar para formaliza-lo contrato.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Portos de Galicia

7667