Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 09 de outubro de 1997 Páx. 9.846

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 setembro de 1997 pola que se fai pública a lista dos opositores seleccionados no proceso selectivo convocado pola Orde do 25 de marzo de 1997 (DOG do 2 de abril), en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola Orde do 1 de setembro de 1997 (DOG do 18 de setembro) fíxose pública a relación de aspirantes seleccionados no proceso selectivo, para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 25 de marzo de 1997 (DOG do 2 de abril).

De conformidade co establecido no parágrafo segundo do punto 1 da dita orde, o número de prazas ofertadas no proceso selectivo increméntase, como resultado do acceso de funcionarios a outros corpos docentes, a través dos procedementos de mobilidade establecidos nas disposicións adicionais décimo novena e décimo sexta da Lei orgánica 1/1990.

En consecuencia, e de conformidade co disposto no punto 50 da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 25 de marzo de 1997 (DOG do 2 de abril) os órganos de selección remitíronlle á Dirección Xeral de Persoal a relación de aspirantes seleccionados, como resultado do incremento establecido, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, no anexo que se xunta, por especialidades e número de orde nesa especialidade, a relación dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, de acordo co estipulado no punto 1, parágrafo segundo da Orde do 25 de marzo de 1997 (DOG do 2 de abril).

Segundo.-Os destinos que obteñan os opositores que se relacionan no anexo desta orde terán carácter provisional, e estarán obrigados a participar, no seu momento, nos seguintes concursos de traslados que se convoquen ata obteren destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro.-Os que, por estaren cumprindo o servicio militar, por xestación ou por outra causa e que, por xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da súa incorporación á fase de prácticas, unha vez que sexan chamados, deberán solicitalo por escrito perante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Cuarto.-Os opositores seleccionados, relacionados no anexo I, deberán presentar perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona no punto 54 da Orde do 25 de marzo de 1997 (DOG do 2 de abril), no

prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.

Quinto.-Entenderase que renuncian ó procedemento selectivo os opositores relacionados que non se incorporen ó destino obtido no prazo de 5 días, unha vez coñecido.

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Apelidos e nomeQuendaDNI

Especialidade: E. infantil.

1 Regueira Pérez, Ana MaríaL32.797.119
2 Méndez Leis, MaríaL33.294.974
3 Groba Otero, María DoloresL32.433.384
4 Díaz Díaz, Ana MªL33.309.248

Especialidade: E.E.-P. terapéutica

1 Valls Rodríguez, Ana MªL35.456.692
2 Valado Valado, Mª MercedesL36.131.899
3 Rodríguez Serrano, María FranciscaL76.706.159

Especialidade: educación física

1 Filgueiras Rodríguez, Juan JoséL32.672.996

Especialidade: E.E.-Audición e linguaxe

1 Loures Illán, María JoséL33.339.628

7628