Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 09 de outubro de 1997 Páx. 9.842

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de setembro de 1997 pola que se fai pública a validación de cursos de especialización en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23-12), no seu artigo 2, establece que se lles validará o curso de especialización en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que posúan os certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Por iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concedérlle-la validación do curso de especialización en lingua galega ás seguintes persoas, as cales reúnen os requisitos establecidos polo artigo 2 da Orde do 22 de novembro de 1993:

Álvarez Rocha, Ana María.

Cameselle Paz, María del Carmen.

Collazo Fidalgo, María de los Ángeles.

Martínez Velo, Carmen.

Rañón Pimentel, María Encarnación.

Rodríguez Fernández, Áurea Rosa.

Vázquez Rabuñade, María Consejo.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expedirálle-los correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para dicta-las instruccións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

7232