Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1997 pola que se convoca concurso con procedemento aberto para a subministración e instalación de marquesiñas nas paradas de autobuses de viaxeiros da provincia da Coruña.

1. Poder adxudicador: Deputación Provincial da Coruña, rúa Alférez Provisional, s/n., 15003 A Coruña (España). Teléfono (981) 18 33 00, fax (981) 18 33 07. Expediente nº 97/1882. Sección de Patrimonio e Contratación.

2. Obxecto do contrato: subministración e instalación de marquesiñas nas paradas de autobuses de viaxeiros na provincia da Coruña. 2 lotes:

-Lote 1: 104 marquesiñas rurais.

-Lote 2: 90 marquesiñas urbanas.

Lugar de entrega: concellos da provincia da Coruña.

Prazo de entrega: cinco meses.

3. Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

4. Orzamento de licitación:

-Lote 1.

Unidades: 104.

Concepto: marquesiñas rurais.

Orzamento sen IVE (pesetas): 60.216.986.

Orzamento IVE incluído ó 16% (pesetas): 69.851.704.

-Lote 2.

Unidades: 90.

Concepto: marquesiñas urbanas.

Orzamento sen IVE (pesetas): 68.815.474.

Orzamento IVE incluído ó 16% (pesetas): 79.825.950.

Total:

Orzamento sen IVE (pesetas): 129.032.460.

Orzamento IVE incluído ó 16% (pesetas): 149.677.654.

5. Garantías esixidas:

a) Garantía provisional: 2% do orzamento base de licitación:

-Lote 1: 1.397.034 pesetas.

-Lote 2: 1.596.519 pesetas.

b) Garantía definitiva: 4% do orzamento base de licitación:

-Lote 1: 2.794.068 pesetas.

-Lote 2: 3.193.038 pesetas.

6. A) Obtención de documentos: Deputación Provincial da Coruña, Sección de Patrimonio e Contratación, rúa Alférez Provisional, s/n, 15003 A Coruña (España). Teléfono (981) 18 33 00, fax (981) 18 33 07.

B) Data límite de solicitude de documentos e información: 10 de novembro de 1997.

7. Requisitos específicos do contratista: ver cláusula 7ª do prego de condicións particulares. Acreditar capacidade económica e financeira: informes de institucións financeiras. Capacidade técnica: relación de subministracións similares dos últimos tres anos. Referencias técnicas: memoria descritiva de cada un dos artigos e marcas, características técnicas, capacidade de producción e distribución das fábricas ou talleres, instalacións e sucursais; maquinaria e equipo do que dispoñen, número de persoal fixo e eventual, controis de calidade que se efectúen. Medios de transporte. Asistencia técnica. Compromiso de prazos de entrega e instalación. Catálogos, debuxos, folletos, fotografías ou vídeos dos bens que se oferten. Designación (optativo) dun local na Coruña no que se poidan examinar mostras da totalidade ou dalgún dos elementos da marquesiña e que deberán estar na Coruña o día que remate o prazo de presentación de ofertas. Compromiso de dispor dun representante oficial,

concesionario ou distribuidor dos productos.

Forma xurídica: deberá reuni-los requisitos previstos no capítulo I do título II da Lei 13/1995,

do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Agrupación temporal de empresas (declaración da porcentaxe de participación e designación do responsable diante da Administración).

8. A) Presentación das ofertas: coa documentación esixida na cláusula 7 do prego, ata as 13 horas do día 14 de novembro de 1997.

B) Enderezo: véxase punto 5.A).

C) Idioma: castelán ou galego.

D) Prazo de validez da oferta: tres meses.

E) Admisión de variantes: non se admitirán variacións en materiais, procesos de calidade esixidos, formato do conxunto da unidade, nin calquera outra variación que se aparte do proposto no prego.

9. A) Data, lugar e hora de apertura das ofertas: día 17 de novembro de 1997, ás 10 horas, na sede da Deputación Provincial, rúa Alférez Provisional, s/n, 15003 A Coruña (España).

B) Persoas admitidas á apertura: acto público.

10. Outras informacións: Sección de Patrimonio e Contratación. Teléfono (981) 18 33 00, fax (981) 18 33 07.

Modalidade de pagamento: na forma prevista na cláusula 18 do prego de condicións:

a) O 25% do prezo de adxudicación unha vez instalado o 25% das marquesiñas.

b) O 25% do prezo de adxudicación unha vez instalado o 50% das marquesiñas.

c) O 25% do prezo de adxudicación unha vez instalado o 75% das marquesiñas.

d) O 25% do prezo de adxudicación unha vez instalado o 100% das marquesiñas.

Criterios de adxudicación: ver cláusula 9 do prego de condicións.

Modelo de oferta económica:

D... con domicilio en... rúa... nº... con DNI nº... ou pasaporte ou documento que o substitúa, actuando en nome propio (ou en nome e representación de... con domicilio en... rúa... nº..., teléfono...) toma parte no concurso convocado pola Deputación Provincial da Coruña e publicado con data do..., para a subministración e instalación de marquesiñas nas paradas de autobuses de viaxeiros da provincia da Coruña fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares e que se compromete a realiza-la subministración con suxeición ó devandito, polo importe que se sinala a seguir (IVE incluído):

-Lote 1: nº de marquesiñas rurais...

Prezo unitario...

Prezo total...

-Lote 2: nº de marquesiñas urbanas...

Prezo unitario...

Prezo total...

(O licitador, asinado e rubricado).

11. Gastos de anuncios: o adxudicatario virá obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen nos medios de comunicación ou diarios oficiais, así coma os tributos que pesen sobre o contrato ou, se é o caso, sobre o obxecto do contrato.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 23 de setembro de 1997.

A Coruña, 23 de setembro de 1997.

Augusto César LendoiroJosé Luis Almau Supervía

PresidenteSecretario

7721