Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 28 de xullo de 1997, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do solo urbanizable programado nº 4 (SUP-4 en Conxo), promovido pola Xunta de Compensación.

Contra o citado acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

7437