Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 7 de xullo de 1997, aprobou definitivamente a corrección da

rasante prevista no proxecto de urbanización do PERI de Pontepedriña (PERI-7) na travesa do Paxonal.

Este anuncio serviralle como edicto de notificación ó propietario da parcela 543, de paradoiro descoñecido: Antonio Sánchez Tallón.

Contra o citado acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

7640