Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Detectado erro na publicación efectuada no seu día, substitúese polo texto seguinte:

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, na súa sesión do 6 de setembro de 1997, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Rianxo, para inclusión do trazado do proxecto de rexeneración do bordo litoral do contorno de Rianxo, 1ª fase: praia da torre-peirao de Setefogas, sométese a información pública polo prazo dun mes para efectos de alegacións.

Por efecto da aprobación inicial indicada, suspéndese o outorgamento de licencias na área delimitada no proxecto de referencia para os usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Rianxo, 29 de setembro de 1997.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde

7639