Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-259).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 15 de xullo de 1997, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado estudio de detalle no predio dito na Avda. Rosalía de Castro, Rialeda, en Perillo. Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel no que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2º do mesmo artigo 118. Todo iso, sen prexuízo do dereito dos

interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 11 de setembro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

7636