Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.836

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN HOSPITAL COMARCAL A BARBANZA

CORRECCIÓN de erros.-Acordo do 11 de setembro de 1997 polo que se anuncia a contratación dos servicios de asistencia na execución da selección do persoal laboral da fundación pública A Barbanza.

Advertidos erros no devandito acordo, publicado no DOG nº 193, do martes, 7 de outubro de 1997, cómpre efectua-las oportunas correccións:

-Na páxina 9.812, no punto 3, onde di: «3. Orzamento base de licitación: 5.000.000», debe dicir: «3. Orzamento base de licitación: 7.000.000».

-Na mesma páxina, onde di: «4. Recollida de pregos: na Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, con domicilio nas Xubias de Arriba, 82, A Coruña», debe dicir: «4. Recollida de pregos: na Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral de Galicia, con domicilio en Galeras, s/n, Santiago de Compostela».

-Na sinatura, onde di: «Cee, 11 de setembro de 1997», debe dicir: «Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1997».