Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 52367).

Visto o expediente incoado pola empresa Electra de Cabalar, con enderezo social en Arnoso. A Capela, A Coruña para autorización administrativa e aprobación do proxecto da instalación eléctrica que segue:

Liña aérea de media tensión a 15/20 kV, en apoios metálicos e conductor LA-30, de 570 metros de lonxitude, con orixe no apoio número 60 da liña Barreiro-Goente e final no lugar de Bouza. Centro de transformación aéreo de 100 kVA en Bouza. Concello da Capela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, de 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das referidas instalacións, e as características axustaranse en tódalas súas partes as que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 21 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7615