Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997 pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes de axuda por adquisición de vivenda habitual para o persoal ó servicio do Consello de Contas de Galicia.

A Comisión de Goberno da institución, en sesión celebrada o día 23 de setembro do presente ano, acordou aproba-las bases para a concesión de axudas por adquisición de vivenda habitual para o persoal ó seu servicio e a convocatoria destas.

En consonancia co disposto nas bases reguladoras que se atopan expostas no taboeiro de anuncios da planta baixa do edificio sede da institución, rúa Ramón Piñeiro, nº 29, de Santiago de Compostela, os interesados poderán presenta-la correspondente solicitude no prazo máximo de quince días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1997.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

7714