Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 51700).

Visto o expediente incoado pola empresa Electra de Cabalar, con enderezo social en Arnoso. A Capela, A Coruña para autorización administrativa e aprobación do proxecto da instalación eléctrica que segue:

Mellora-la seguridade e calidade de subministración de enerxía eléctrica ós abonados de Teixeira. Municipio da Capela.

Características: centro de transformación aéreo de 50 kVA a 15000-20.000±5%/398-230 V.

Reforma da rede de baixa tensión en apoios de formigón e conductor R.Z. e L.C.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, de 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das referidas instalacións, e as características axustaranse en tódalas súas partes as que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 21 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7291