Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.820

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de constitución e regulamento de funcionamento da Comisión Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

O texto do II Acordo nacional de formación continua foi subscrito con data do 19 de decembro de 1996, pola Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) e a Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa (CEPYME), así como pola Unión Xeral de Traballadores (UGT), a Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), e de acordo co disposto no artigo 83.3º en relación co 90, apartados 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aprobou o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais acordou ordena-la súa inscrición, rexistro e publicación por Resolución do 14 de xaneiro de 1997 (BOE do 1 de febreiro). No seu artigo 19 prevese a constitución de comisións paritarias territoriais.

Visto o texto do acordo de constitución da Comisión Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia e o seu regulamento, subscrito o 28 de abril pola organización empresarial CEG e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG.

Na súa virtude, e de conformidade coas disposicións anteriormente citadas, e de acordo co sinalado no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito e rexistro do acordo de constitución da Comisión Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia, e o seu regulamento, e remitirlle copia del á Dirección Xeral do Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Acordo de constitución da Comisión Territorial da Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia

Que para responder ó reto de profesionalidade que impón a permanente evolución do sistema productivo, mellorando o desenvolvemento das empresas, a calidade do emprego dos traballadores e diminuí-lo risco de paro se considera necesario realizar un importante esforzo na formación profesional continua

dos traballadores ocupados, con plans integrados na estratexia global do sector productivo.

A formación profesional continua debe cumprir unha función de adaptación permanente á evolución das profesións e do contido dos postos de traballo e, por tanto, da mellora das competencias e cualificacións indispensables para favorece-la situación competitiva das empresas e do seu persoal.

A formación profesional continua debe cumprir unha función de promoción social que permita a moitos traballadores e traballadoras evita-lo estancamento na súa cualificación profesional e mellora-la situación.

A formación profesional continua debe cumprir tamén unha formación preventiva para anticipa-las posibles consecuencias negativas da realización do mercado interior e para supera-las dificultades que debe afronta-los sectores e as empresas en curso de reestructuración económica e tecnolóxica.

A formación profesional continua é un subsistema integrado, xunto coa formación profesional inicial e a formación profesional ocupacional, no sistema de formación profesional, tal e como se recolle no acordo de bases.

A mellora da xestión constitúe outros dos obxectivos deste novo acordo. Para iso, buscouse unha maior participación dos interlocutores sociais no ámbito autonómico, corresponsabilizándoos máis activamente no sistema. Baseándose nisto e ó abeiro do establecido no artigo 19 do II Acordo nacional de formación continua e como organizacións lexitimadas no ámbito da Comunidade Autónoma galega,

ACORDAN:

Primeiro.-Constituí-la Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia, nos seguintes termos:

Composición:

TitularesSuplentesOrganización

Eusebio Justo SantosEmilio Fernández ZunzuneguiCC.OO.

José Benito Núñez LópezManuel Golpe GómezUGT

Xesús Ramón González BoánLuis Burgos DíazCIG

Rafael Sánchez SostreFausto Santamarina FernándezCEG

Juan José Molinos CasalBeatriz Someso AnguitaCEG

José Mª López BourioMedardo Arias PrietoCEG

O ámbito de actuación é a Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Funcións.

A Comisión Paritaria Territorial de Galicia terá no ámbito desta Comunidade Autónoma, entre outras, as seguintes funcións:

a) Velar polo cumprimento do acordo na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acorda-las propostas de aprobación e financiamento dos plans de empresa e agrupados naqueles sectores que non conten con convenio colectivo estatal

ou acordo sectorial de formación, dos que as accións formativas se desenvolvan nun ámbito territorial non superior ó da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Acorda-las propostas de aprobación e financiamento dos plans intersectoriais que se desenvolvan segundo o artigo 12 do II Acordo nacional de formación continua e dos que o ámbito se limite á Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Acorda-las propostas de aprobación e financiamento das solicitudes de medidas complementarias e de acompañamento á formación, das que o ámbito se limite á Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Acorda-las propostas de aprobación e financiamento dos permisos individuais de formación que se soliciten no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Remitirlle á Comisión Mixta Estatal, para os efectos da súa tramitación, as propostas enumeradas nos apartados b), c), d) e e) anteriores.

g) Resolve-las discrepancias xurdidas no trámite previsto no artigo 15 do II Acordo nacional de formación continua.

h) Colaborar coa Comisión Mixta Estatal de Formación Continua no seguimento da execución das iniciativas de formación que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia, remitindo canta información se precise para iso.

i) Executa-los acordos e resolucións da Comisión Mixta Estatal de Formación Continua no seu ámbito territorial.

j) Aproba-lo seu regulamento de funcionamento, que deberá axeitarse ó disposto neste acordo.

k) Elaborar estudios e investigacións no ámbito da Comunidade Autónoma.

l) Realizar unha memoria anual da aplicación do acordo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

m) Concreta-las prioridades territoriais e sectoriais das accións formativas, nos ámbitos territoriais da súa competencia.

Terceiro.-Comunicarlle ó Padroado da Fundación para a Formación Continua, a constitución da Comisión Paritaria Territorial para o desenvolvemento do II Acordo nacional de formación continua no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.-Aproba-lo regulamento desta comisión paritaria, anexo a este acordo.

Quinto.-Designar como presidente da Comisión Paritaria Territorial de Galicia a Rafael Sánchez Sostre, de acordo co artigo 5º do Regulamento de funcionamento desta comisión paritaria.

Sexto.-Designar como secretario da Comisión Paritaria Territorial de Galicia a José Benito Núñez López, de acordo co artigo 6º do Regulamento de funcionamento desta comisión paritaria.

Disposicións adicionais

Primeira.-Fomenta-la colaboración e coordinación coas entidades e institucións con competencias en formación profesional.

Segunda.-Considera-la posibilidade de xestionar fondos propios da Comunidade Autónoma ou outros organismos.

Disposición derradeira

As partes asinantes remitiranlle o presente acordo á autoridade laboral competente para o seu rexistro e publicación no DOG da Comunidade Autónoma de Galicia.

E en proba de conformidade, as partes asinan o presente acordo en Santiago de Compostela, 28 de abril de 1997.

Regulamento de funcionamento da Comisión Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia

O presente regulamento fundaméntase no establecido no artigo 19 j) do II Acordo nacional de formación continua, do 19 de decembro de 1996, asinado polas organizacións empresariais CEOE e CEPYME, e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, e no acordo de constitución da Comisión Territorial de Formación Continua de Galicia asinado o 28 de abril de 1997 pola organización empresarial CEG e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG.

Na súa virtude, a Comisión Paritaria Territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, como órgano de administración bipartito de II Acordo nacional de formación continua no ámbito da súa Comunidade Autónoma aproba o seguinte regulamento:

Artigo 1º.-Da sede social.

A sede social da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia fíxase provisionalmente na Rúa do Vilar, 54, 15705 de Santiago de Compostela.

A Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia fixará no seu momento a localización definitiva da súa sede social.

Artigo 2º.-Da composición.

A Comisión Territorial de Formación Continua de Galicia, de composición paritaria, está formada por seis membros, dos cales tres serán designados pola Confederación de Empresarios de Galicia, un pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia, un polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia e un pola Confederación Intersindical Galega.

Designaranse igualmente, na mesma proporción, seis membros suplentes, que asumirán as competencias asignadas ós titulares cando, por calquera causa, deban substituílos.

A composición da comisión modificarase pola incorporación ou abandono dalgunha organización empresarial ou sindical, preservando en todo caso a paridade existente.

Artigo 3º.-Das funcións.

As funcións da comisión paritaria serán as recollidas no artigo 2 do acordo de constitución da citada comisión.

Artigo 4º.-Da substitución.

As organizacións membros desta comisión poderán substituír en todo momento ás persoas que os representen nela, asumindo os substitutos as mesmas competencias. A dita substitución deberá ser notificada á Comisión Paritaria Territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante acreditación ante o presidente da comisión.

Artigo 5º.-Da presidencia.

A Comisión Paritaria Territorial elixirá de entre os seus membros a un presidente, que ostentará o cargo durante o período dun ano. A presidencia terá carácter rotatorio recaendo nos diferentes membros da comisión, por períodos anuais, sen que en ningún caso poida exercerse o mandato presidencial por membros representantes da mesma organización, en dous exercicios consecutivos.

As funcións do presidente serán as de:

1. Representar formalmente a comisión.

2. Presidir, convocar e mante-la orde das reunións.

3. Asina-las actas e certificacións, xunto co secretario, dos acordos que se adopten pola comisión.

4. Calquera outra que leve aparellada a condición de presidente e aquelas que poidan serlle atribuídas pola Comisión Paritaria Territorial, mediante oportuno acordo.

En todo caso, o seu voto non terá consideración de voto de calidade.

Artigo 6º.-Da secretaría.

Na mesma forma sinalada no artigo anterior, a comisión designará de entre os seus membros a persoa que deberá exerce-las funcións de secretario. O exercicio deste cargo será, igualmente, dun ano, e terá carácter rotatorio, recaendo en tódolos membros da comisión.

O cargo de secretario non poderá recaer en persoa que represente, no seo da comisión, á mesma organización da que emana a presidencia, nin poderá ser ostentada por representantes dunha organización durante dous exercicios consecutivos.

As funcións do secretario serán as de:

1. Convoca-las reunións da comisión paritaria co acordo do presidente.

2. Confecciona-las actas correspondentes de cada sesión.

3. Expedi-las certificacións dos acordos que se adopten.

4. Custodia-las actas e toda a documentación que se reciba ou remita desde a dita comisión.

5. Leva-lo arquivo e depósito de toda a documentación que se xere.

O secretario, como membro de pleno dereito da comisión, terá voz e voto.

Artigo 7º.-Dos vocais.

Correspóndenlles ós vocais da Comisión Paritaria Territorial de Galicia as seguintes funcións:

1. Asistir ás reunións.

2. Exerce-lo dereito ó voto nos acrodos que se someterán a Comisión Paritaria Territorial.

3. Formular propostas e emitir cantas opinións consideren necesarias.

4. Participar nos debates da comisión.

5. Estar puntualmente informado de cantas cuestións sexan de competencia da comisión.

6. Formular rogos e preguntas.

Artigo 8º.-Da rotación nos cargos.

A rotación nos cargos de presidente e secretario será a que a continuación se establece:

AnoPresidenciaSecretaría

1997CEGUGT

1998CIGCEG

1999CEGCC.OO.

2000UGTCEG

Artigo 9º.-Dos asesores e grupos de traballo.

En funcións dos temas obxecto de debate, en cada sesión da comisión as organizacións nela representadas poderán solicita-la presencia de determinadas persoas que, en calidade de asesores, poderán asistir a esta, con voz, pero sen voto.

Así mesmo, a comisión poderá acordar para o tratamento e análise de cuestións específicas, a constitución de comisións ou grupos de traballo, nos termos que en cada caso se acorden.

Artigo 10º.-Das reunións.

A Comisión Territorial de Formación Continua de Galicia reunirase, en forma ordinaria, polo menos unha vez ó mes. Poderá celebrar, tamén, tantas reunións extraordinarias como sexan precisas, ben por iniciativa do seu presidente, ou por petición de calquera dos seus membros.

a) Convocatoria. A Comisión Paritaria Territorial convocaraa o secretario coa antelación suficiente que requiran os temas que se van tratar, en todo caso cun mínimo de tres días. A convocatoria farase mediante citación cursada para o efecto polo medio máis rápido e eficaz de que se dispoña.

b) Orde do día. Ó face-la convocatoria, incluirase nesta o orde do día, así como a documentación e información precisa para o desenvolvemento da reunión.

c) Réxime de asistencia. A comisión quedará validamente constituída co obxecto de celebrar calquera das súas sesións, cando asista polo menos un representante de cada organización asinante.

d) Adopción de acordos. A Comisión Paritaria Territorial de Galicia, validamente constituída, adoptará os seus acordos por unanimidade dos seus membros asistentes a cada sesión.

No suposto de que existan discrepancias entre as distintas organizacións integrantes da Comisión Paritaria Territorial, darase traslado destas á Comisión Mixta Estatal de Formación Continua, que ó abeiro do artigo 17 do II Acordo nacional de formación continua decidirá sobre as controversias xurdidas.

e) Acta das reunións. De tódalas reunións celebradas pola Comisión Paritaria Territorial de Galicia deberase levanta-la correspondente acta, na que se fará constar: lugar da reunión, día, mes e ano; nome, apelidos, organización e sinatura dos asistentes; existencia ou non de quórum, orde do día e contido dos acordos.

f) En ausencia do presidente ou do secretario asumirán as súas funcións para esa reunión os designados como os seus suplentes.

As actas débense asinar polo secretario co visto e prace do presidente.

Artigo 11º.-Do idioma.

A totalidade da documentación que o xere a Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia estará redactada en lingua galega. Cando algunha documentación deba ser enviada fóra de Galicia deberá xuntarse a correspondente traducción.

6484