Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 07 de outubro de 1997 Páx. 9.812

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN HOSPITAL COMARCAL A BARBANZA

ACORDO do 11 de setembro de 1997 polo que se anuncia a contratación dos servicios de asistencia na execución da selección do persoal laboral da fundación pública A Barbanza.

1. Entidade adxudicadora: fundación pública A Barbanza.

2. Obxecto do contrato: prestación dos servicios de asistencia técnica na preparación e execución das diferentes fases do proceso de selección de persoal laboral da fundación.

3. Orzamento base de licitación: 5.000.000.

4. Recollida de pregos: na Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo - Marítimo de Oza, con domicilio nas Xubias de Arriba, 82, A Coruña.

5. Presentación de ofertas: a documentación sinalada no último parágrafo do punto 5 do prego deberá presentarse no lugar sinalado no apartado anterior, no prazo de dez días naturais contados desde o mesmo día da publicación deste anuncio.

6. Adxudicación: analizado o conxunto das ofertas presentadas, se é o caso, notificaráselle expresamente á empresa que resulte seleccionada.

Cee, 11 de setembro de 1997.

Ignacio Martínez González

Presidente do padroado

da fundación pública A Barbanza

97-7587