Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 07 de outubro de 1997 Páx. 9.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Concello de Teo (A Coruña) convoca tres prazas de administrativos de Administración xeral, grupo C, por concurso-oposición de promoción interna entre funcionarios da Corporación pertencentes ó grupo D que reúnan os requisitos determinados na bases da convocatoria.

As instancias deberán presentarse no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

As bases do concurso-oposición aprobadas polo Pleno do Concello o 26-9-1997 publicaranse no BOP e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Teo, 29 de setembro de 1997.

Armando Blanco Martínez

Alcalde

97-7586