Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 07 de outubro de 1997 Páx. 9.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía-delegada para a Área de Urbanismo, con data 11 de setembro de 1997, dictou resolución do seguinte teor:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais para a execución do Plan Especial do Vertedoiro de Bens.

2. Optar, para a execución do citado proxecto, polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo término dun mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios na prensa e diarios oficiais, durante o cal os interesados poderán consultalo nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, en días e horas hábiles, e presentar cantas alegacións consideren pertinentes en relación coa titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 144.2 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os posibles interesados que a consulta do expediente poderá facerse nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, de luns a venres desde as 12.30 ata as 14 horas.

A Coruña, 24 de setembro de 1997.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde

7590