Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 07 de outubro de 1997 Páx. 9.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación polo Servicio Galego de Saúde, de traballos específicos e concretos non habituais de apoio e asesoramento especializado ó proxecto de catalogación de productos sanitarios do Servicio Galego de Saúde (S-482/97).

Obxecto e orzamento: contratación polo Servicio Galego de Saúde, de traballos específicos e concretos non habituais de apoio e asesoramento especializado ó proxecto de catalogación de productos sanitarios do Servicio Galego de Saúde, por un importe máximo de 9.160.000 ptas. (IVE incluído).

Solvencia económica e financeira:

Solvencia técnica: ver cláusula 7.3 b) e 7.3 c do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: ver cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: non se requiren.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1997.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

7621