Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 07 de outubro de 1997 Páx. 9.812

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN HOSPITAL COMARCAL VIRXE DA XUNQUEIRA

ACORDO do 10 de setembro de 1997 polo que se anuncia a contratación dos servicios de asistencia na execución da selección do persoal laboral da fundación pública Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira.

1. Entidade adxudicadora: fundación pública Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira.

2. Obxecto do contrato: prestación dos servicios de asistencia técnica na preparación e execución das diferentes fases do proceso de selección de persoal laboral da fundación.

3. Orzamento base de licitación: 5.000.000.

4. Recollida de pregos: na Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo - Marítimo de Oza, con domicilio nas Xubias de Arriba, 82, A Coruña.

5. Presentación de ofertas: a documentación sinalada no último parágrafo do punto 5 do prego deberá presentarse no lugar sinalado no apartado anterior, no prazo de dez días naturais contados desde o mesmo día da publicación deste anuncio.

6. Adxudicación: analizado o conxunto das ofertas presentadas, se é o caso, notificaráselle expresamente á empresa que resulte seleccionada.

Cee, 10 de setembro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Presidente do padroado da fundación

Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira