Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 07 de outubro de 1997 Páx. 9.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/287-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000, A Coruña.

-Denominación: modificado 1 L.M.T.S. a C.T. Reboredo.

-Situación: Santiago de Compostela.

-Descricións técnicas: modificado 1, o proxecto de L.M.T. a C.T. Reboredo, (Expte. 27334) que consiste en L.M.T. subterránea a 20 kV de 345 m de lonxitude, co apoio número 7 da liña 7 do Pedrido e final no apoio 2 da L.M.T. a C.T. Reboredo (Expte. 27334. Bergondo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 29 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7625