Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 07 de outubro de 1997 Páx. 9.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/283-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

-Denominación: L.M.T.S. Subst. Palmeira - Instituto - Sarasquete.

-Situación: Ribeira.

-Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 2.355 m de lonxitude, con orixe na subestación Palmeira-Instituto e final en C.T. Sarasquete, de 1.840 m de lonxitude, con orixe en inmediacións do C.T. Padín e final no C.T. Gude. Reforma dos CC.TT. de Sarasquete, Gude implantando celas de

protección de liña protección do transformador e de liña motorizada con detector de falta. Rede de baixa tensión subterránea desde C.T. Sarasquete con conductor R.V. 0,6/1 kV e 240 mm de 621 m de lonxitude. Ribeira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 22 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-7361