Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 07 de outubro de 1997 Páx. 9.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/278-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

-Denominación: modificado 1 L.M.T., C.T., R.B.T. Combel de Abaixo e Xixirei. Trazo.

-Situación: Trazo.

-Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 1.637 m de lonxitude que parte da L.M.T. Fecha-Ordes e final nos CC.TT. que se construirán denominados Xixirei e Cambel de Abaixo. CC.TT. de 50 kVA, C/U tipo intemperie. Interconexión RR.BB.TT. a 380/220 V cunha lonxitude de 18 m en R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 22 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-7360