Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 07 de outubro de 1997 Páx. 9.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración dun vehículo do grupo D-2 para o servicio de transporte de material do Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial de Galicia.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente. 26/97.

Obxecto do contrato: subministración dun vehículo do grupo D-2 para o servicio de persoal e do material do Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial de Galicia.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: a subministración deberá ser entregada no prazo de trinta días desde a data do asinamento do contrato.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: o prezo máximo do vehículo que se vai adquirir é de tres millóns cincocentas mil pesetas (3.500.000 ptas.), IVE incluído, tendo en conta que parte deste se pagará coa entrega doutros bens da mesma clase. A parte do prezo que se vai pagar en metálico será como máximo de dous millóns setecentas cincuenta mil pesetas (2.750.000 ptas.), IVE incluído.

Garantías.

Provisional: 2% do orzamento do contrato (70.000 ptas.).

Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente, ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio

7283