Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 06 de outubro de 1997 Páx. 9.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das subministracións de clave E/SC/97.61 e E/SC/97.129.

A) Subministración.

1. Subministración de catro vehículos turismos, grupo B, para a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Clave: E/SC/97.61.

Orzamento: dez millóns oitocentas mil pesetas (10.800.000).

Prazo de entrega: 15 días.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira xustificarase de acordo co establecido no artigo 16.1 a) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica xustificarase de acordo co establecido no artigo 18, parágrafos a), c), d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

2. Subministración dun esparexedor de sal de 5 metros cúbicos para acoplar en camión na Xefatura Provincial de Estradas de Ourense.

Clave: E/SC/97.129.

Orzamento: cinco millóns oitocentas mil pesetas (5.800.000).

Prazo de entrega: 1 mes.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira xustificarase de acordo co establecido no artigo 16.1 a) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica xustificarase de acordo co establecido no artigo 18, parágrafos a), c), d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado

conforme o disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7583