Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 06 de outubro de 1997 Páx. 9.770

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (331/1996).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que, no dito xulgado e co número 331/1996 se tramita procedemento de xuízo executivo, por instancia de Industrias de la Piel Mahipy S.L., contra Hábito S.L., no que, por resolución desta data, se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e termo de 20 días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto de remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 15 de decembro de 1997, ás 10 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segundo.-Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco de Bilbao Vizcaya S.A., número 1500-17-0331/1996, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano de procedemento, requisito este sen o cal non serán admitidos, non aceptándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cedérlle-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda o día 12 de xaneiro de 1998, ás 10 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o día 9 de febreiro de 1998, ás 10 horas, poxa que se celebrará sen suxeición a tipo, e quen desexe tomar parte nela deberá consigna-lo 20 % do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese celebrarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan a poxa e valor deles.

86 pantalóns, valor de taxación de 602.000 ptas.

14 traxes chaqueta e pantalón, valor de taxación 420.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o once de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

7582