Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 06 de outubro de 1997 Páx. 9.770

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (260/1997).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de tercería dominio menor contía número 260/1997, seguidos neste xulgado por instancia de José Seoane Puig, representado pola procuradora María Soledad Sánchez Silva, contra Banco Simeón, S.A., Manuel Seoane Liñares e herdeiros de Celestino Seoane Puig; emprázanse os demandados Banco Simeón, S.A., Manuel Seoane Liñares e herdeiros de Celestino Seoane Puig e Manuela Emilia Liñarez Blanco, para que no termo de vinte días comparezan en autos, en legal forma, con avogado que os defenda, coa prevención de que se non comparecen serán declarados en rebeldía e recaerán sobre eles o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento ós demandados, herdeiros de Celestino Seoane Puig e Manuela Emilia Liñarez Blanco, expido o presente edicto que asino en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 1997.

A secretaria

Rubricado

7307