Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 06 de outubro de 1997 Páx. 9.769

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (129/1997-01).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fai saber que, nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, que se seguen neste xulgado co número 129/1997, promovidos polo procurador Regueiro Muñoz, no nome e representación do Banco Pastos, S.A., se acordou sacar a poxa pública por tres veces e polo termo de vinte días cada unha delas o seguinte predio:

Taller dedicado á reparación de vehículos-camións nas especialidades de mecánica, lavado e engraxamento, grupo III, situado na parcela número 50 do polígono do Tambre, promocionado polo Ministerio da Vivenda, integrado polo seu edificio representativo de dezanove metros por cinco coma tres metros, igual a cen coma sete metros cadrados; e unha nave a dúas augas de dezanove metros de luz e setecentos corenta e sete coma setenta e cinco metros cadrados; xa que logo, a superficie en planta será de oitocentos corenta e oito metros con trinta e cinco decímetros cadrados. O edificio representativo é de formigón armado e os seus cerres de carpintería de aluminio e cristal; dedicarase a xerencia e oficinas. O taller en planta terá dezanove metros de luz por corenta e seis por trinta metros de fondo máximo, e a súa estructura está con base en semipórticos prefabricados de HA. A cuberta será de placas de uralita nervadas en toda a edificación, os cerramentos das naves son de bloque de formigón

de quince centímetros de grosor. A fontanería realízase en aceiro galvanizado e o billame encromado. A instalación eléctrica está empotrada baixo tubo flexible no edificio representativo, e na nave os conductores lévanse baixo tubos de plástico ríxido grampado ó aire visto.

Existe unha vivenda para garda na planta primeira encol do taller con acceso independente, toda ela exterior cunha superficie total de noventa e oito con corenta e sete decímetros e setenta e cinco centímetros cadrados e unha superficie útil de oitenta e nove metros cadrados con doce cincuenta decímetros cadrados, e a devandita vivenda está composta polas seguintes dependencias: vestíbulo, cociña, salón-comedor, dous dormitorios dobres, un dormitorio de matrimonio, baño, aseo e corredor.

As devanditas edificacións foron construídas encol do seguinte predio:

Parcela de terreo, parte do polígono industrial denominado Tambre, sinalado co número 50 do plano parcelario do plan parcial do devandito polígono do termo municipal de Santiago de Compostela. Ten unha extensión superficial aproximada de mil metros e trinta e cinco decímetros cadrados. Linda: norte, parcela número 51; sur, parcela número 49; leste, límite do polígono; e oeste, con rúa que as separa das parcelas 46 e 47.

Inscrición: no Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, tomo 979, libro 21, folio 152, predio número 1.673.

A poxa terá lugar o vindeiro día tres de decembro de 1997, ás 12.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de corenta e dous millóns oitocentas corenta mil pesetas. Se non concorren licitadores, sinálase para a segunda o día nove de xaneiro de 1998, ás 12.30 horas, co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira; se non hai licitadores na segunda, sinálase para a terceira o día dez de febreiro de 1998, ás 12.30 horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que se expresan a continuación:

1. Non se admitirá oferta inferior á cantidade de corenta e dous millóns oitocentas corenta mil pesetas, que é o tipo pactado na devandita escritura; no que atinxe á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, e se é o caso, no que atinxe á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Tódolos licitadores, salvante o acredor demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo.

3. Tódalas ofertas poderanse facer en calidade de cederlle o remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego fechado, desde a publicación do presente edicto ata que teña lugar a poxa de que se trate, depositando xunto co prego o xustificante acreditativo de ter efectuada a consignación a que se refire a anterior condición.

4. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría e entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do autor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo de remate.

5. Faise a prevención de que na acta de poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e se non as acepta, non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa destas obrigas.

6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecado, de conformidade cos artigos 262 e 279 da LAC, se non se achase nela, este edicto serviralle para a notificación ó debedor, do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1997.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7308