Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 06 de outubro de 1997 Páx. 9.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997 pola que se anuncia a licitación da poxa polo procedemento aberto -trámite de urxencia- da obra de clave CC/OU/97.1 e dúas máis.

A) Obras.

1. Acondicionamento da estrada Verín-Cabreiroá. Convenio CPTOPV-Concello de Verín 28-8-1997.

Clave: CC/OU/97.1.

Orzamento: corenta e seis millóns catrocentas noventa e seis mil pesetas (46.496.000).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría b; grupo I, subgrupo 1, categoría b.

Garantía provisional: 929.920.

2. Acondicionamento do camiño veciñal nº 167 de Celanova a Quintela de Leirado. Convenio CPTOPV-Deputación de Ourense 15-11-1996.

Clave: CD/OU/97.5.

Orzamento: oitenta millóns de pesetas (80.000.000).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.600.000.

3. C.V. 1D. Cumial-Salgueiros p.k. 3+660 ó 5+900. Travesía de Pereiras-Venda do Río. Termo municipal de Taboadela. Convenio CPTOPV-Deputación de Ourense 15-11-1996.

Clave: CD/OU/97.4.

Orzamento: cento cinco millóns de pesetas (105.000.000).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 2.100.000.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para los licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7345