Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 06 de outubro de 1997 Páx. 9.762

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 18 de setembro de 1997, do tribunal que xulga o concurso-oposición para o ingreso na categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, pola que se fai pública a baremación da fase de concurso.

O apartado 23 da base sexta B) da Resolución do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo dispón que, realizada polos tribunais a baremación correspondente á fase de concurso, se publicará esta no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por cada aspirante no apartado de experiencia e no de formación, así como a valoración total da fase de concurso para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación perante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Rematada a dita baremación, o tribunal da categoría do grupo técnico da función administrativa pro

cede á publicación do dito anuncio e, en consecuencia,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-la puntuación obtida polos aspirantes da devandita categoría relativa á baremación da fase de concurso, no apartado de experiencia e no de formación, así como a súa valoración total, en ámbalas dúas modalidades xurídica e económica.

Segundo.-Abri-lo prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os ditos aspirantes poidan presentar, de se-lo caso, reclamación perante o propio tribunal contra a baremación.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Presidente do tribunal

7259