Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 06 de outubro de 1997 Páx. 9.760

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de setembro de 1997 pola que se regula o exercicio das funcións de saúde pública polos médicos e practicantes titulares que opten por integrarse nunha unidade de atención primaria.

Advertidos erros e omisións na citada orde, publicada no DOG nº 183, do 23 de setembro de 1997, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 9.423:

No artigo 1º b), ó final do texto deberase engadir: «cos seus recursos propios».

Na mesma páxina, no artigo 3º.2 despois de: «Recibida pola delegación provincial a solicitude de actuación...», debe engadirse: «se non a puidese executar cos seus recursos propios».

-Na páxina 9.424:

No parágrafo segundo do artigo 5º, onde di: «ausencia destes funcionarios», debe dicir: «ausencia destes funcionarios non integrados».

Na mesma páxina e parágrafo, onde di: «ou ben acordar que outro funcionario da mesma clase», debe dicir: «ou ben solicitarlle ó organismo competente que outro funcionario da mesma clase».

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1997.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

7574