Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 06 de outubro de 1997 Páx. 9.756

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de setembro de 1997 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado concertado San Jorge de Santiago de Compostela (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado concertado San Jorge de Santiago de Compostela, solicitando o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que mediante escritura pública notarial outorgada ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Ildefonso Sánchez Mera, María Elvira Abalo Méndez cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a Álvaro Villaverde Fernández.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se uniron a este os documentos esixidos e que a petición foi informada pola Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, (BOE do 27); Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado San Jorge de Santiago de Compostela a favor

de Álvaro Villaverde Fernández, con tódolos dereitos e obrigas contraídas pola cesionista María Elvira Abalo Méndez, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

7456