Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación das propostas de resolución, formuladas pola instructora, no expediente sancionador de pesca fluvial P-30/97 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente. De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

Lugo, 1 de setembro de 1997.

Paloma Quiroga López

Instructora

ANEXO

-Expediente Nº: P-30/97.

Denunciado: Miguel A. Vázquez González.

DNI: 34.565.675.

Domicilio: rúa Camiño Caneiro, 51-Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana en época de veda (150 m augas arriba da desembocadura do río Lama), infrinxindo a orde de vedas 16-2-1996 (DOG 29-2-1996) pola que se fixan as normas especiais de pesca en zonas vedadas do río Miño; o día 9-3-1997 no río Miño-Chantada-Lugo.

Precepto sancionador: Art. 34.8 da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

Artes comisadas: devolución logo do aboamento da sanción, para o cal se lle facilitará un escrito nesta delegación.

-Expediente Nº: P-45/97.

Denunciado: José Luis Varandela Blanco.

DNI: 34.533.763.

Domicilio: Portugal 45-7-Ourense.

Feito denunciado: pescar en época de veda. Feitos constatados o día 15-3-1997, no río Miño, encoro de Belesar-desembocadura do río Lama, Pedrafita, Chantada, Lugo.

Precepto sancionador: Art. 33.9 da Lei 7/1992.

Cualificación: leve.

Sanción: 15.000 ptas. de multa.

Artes comisadas: para a súa devolución facilitaráselle un escrito nesta delegación provincial.

-Expediente Nº: P-61/97.

Denunciado: Ignacio Novoa Díaz.

DNI: 34.984.358.

Domicilio: López Ferreiro, 10-1º F-Ourense.

Feito denunciado: pescar con cana cebando as augas con fins de pesca, con penso granulado. Feitos constatados o día 21-3-1997, no río Miño, encoro de Belesar-marxe dereita-lugar de Sabadelle- Chantada.

Precepto sancionador: Art. 34.14 da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

Artes decomisadas: devolución logo do aboamento da sanción, para o cal se lle facilitará un escrito nesta delegación.

7341