Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1997 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia, para o desenvolvemento do cluster do sector naval en Galicia.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 9/1997.

Obxecto do contrato: realización de tódalas actividades necesarias para o desenvolvemento do cluster do sector naval de Galicia.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 16 de abril de 1997.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: trinta e seis millóns de pesetas (36.000.000 de ptas.).

Adxudicación:

Data: 28 de xullo de 1997.

Contratista: Socintec/Norconsult (U.T.E).

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: trinta e dous millóns catrocentas mil pesetas (32.400.000 ptas.).

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral de Industria e Comercio

7108