Producido o extravío do resgardo de depósito definitivo en metálico, con data do 27 de febreiro de 1992, co número de rexistro 299/1992, polo importe de 200.000 pesetas, que garante a Boston Internacional, S.A., formúlase requirimento oficial e público a aquela persoa ou entidade en poder da cal poida atoparse, para que o presente, sen máis demora, nesta Subdirección Xeral do Tesouro; de tal xeito que, se transcorrido o prazo de dous meses contados a
partir da data de publicación do presente anuncio non se presentase, se procederá sen máis trámite á extensión dun duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante formal e suficientemente acreditado, e que se declarará, nese mesmo acto, a anulación do exemplar orixinal extraviado, o cal non terá valor ningún nin poderá producir efecto ningún ante a Administración nin ante terceiros.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1997.
Carlos Barrada Rodríguez
Subdirector xeral do Tesouro
7229