Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.726

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 269/1997, do 18 de setembro, polo que se desafectan do dominio público diversos inmobles das antigas cámaras agrarias locais de Moeche, Teo, Rois, Castrelo de Miño, Salvaterra de Miño e Tui.

O patrimonio das extintas cámaras agrarias locais integrouse definitivamente no patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido na disposición adicional 7ª.1 da Lei 11/1995, do 28 de decembro (DOG nº 249, do 30 de decembro), quedando adscrito á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa aplicación a fins e servicios de interese xeral agrario do ámbito territorial de cada antiga cámara. Séguese así a vontade finalista que se establecera na disposición adicional 2ª da Lei 23/1986, do 24 de decembro, de bases

de réxime xurídico das cámaras agrarias (BOE nº 312, do 30 de decembro) segundo a redacción dada no artigo 1 da Lei 23/1991, do 15 de outubro (BOE nº 249, do 17 de outubro), pola que a Comunidade Autónoma pode realiza-las atribucións patrimoniais e a adscrición dos medios das cámaras agrarias extinguidas.

Neste caso, ó abeiro do artigo 10.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, que sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título, e da disposición adicional 7ª.3 da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, pola que o Consello da Xunta poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, e á vista dos informes favorables da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 21 de xuño de 1996 e 12 de maio de 1997, foi tramitado pola Consellería de Economía e

Facenda, expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de setembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

1. Rústico. Nos arredores do lugar de San Ramón, ó que lle chaman Amanxeiroa de Arriba, parroquia de San Xoán de Moeche, municipio de Moeche (A Coruña), un terreo e monte ermo, que mide a superficie de dúas áreas, producto de 20 m de longo por 10 m de largo. Linda: norte e sur, máis de Consuelo Canosa Ramil; leste, Manuel Gabeiras; e oeste camiño veciñal que da estrada de Viveiro a Liñares vai ó Cristo de Rañal pasando pola Feira de Moeche. Dista da estrada de Viveiro a Liñares 58 m desde o seu extremo norte.

Sobre o predio anteriormente descrito construíuse un edificio de 15 m por 9 m, destinado a almacén e oficinas que ten adosado un alpendre de 26 m e un centro de inseminación artificial de 14,40 m, con un baldío unido de 24,60 m.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 670, libro 27, folio 245, predio nº 2.807.

2. Urbano. Local dunha soa planta, no sitio coñecido por Souto de Abaixo do lugar de Dices, parro

quia e municipio de Rois (A Coruña); ocupa sobre o seu fondo uns 117 m, que ten como anexo e para o seu servicio o resto do terreo sen edificar que o circunda de 283 m, no que en parte da súa superficie cara ó extremo norte do local se sitúa unha caseta destinada a centro de inseminación artificial, duns 22 m construídos. Linda: norte, herdeiros de Consuelo Lamas Romero (368); sur, estrada de Padrón a Noia; leste, antiga cámara agraria (367), hoxe Comunidade Autónoma de Galicia; e oeste, pista de concentración parcelaria.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 313, libro 69, folio 129, predio nº 6.323, inscrición 4ª.

3. Rústico. Predio número 367 da zona de concentración parcelaria de San Mamede de Rois, municipio de Rois (A Coruña). Monte no sitio de Pumariño, de 317 m. Linda: norte, Consuelo Lamas Romero (368); sur, camiño; leste, terreo excluído, antiga cámara agraria, e Consuelo Lamas Romero; e oeste, camiño.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 364, libro 88, folio 63, predio nº 8.812, inscrición 3ª.

4. Rústico. Soar chamado Gandarón, sito no lugar da Ramallosa, parroquia de Lucí, municipio de Teo (A Coruña), de seis áreas e noventa centiáreas. Linda: norte, de Manuela Cajaraville; sur, herdeiros de Juan Cao Cerdeira; leste, estrada; e oeste, Antonio Martínez Montes e Josefa Cao Cerdeira. Sobre este predio construíuse un local destinado a almacén, celeiro e oficinas, de 140 m de superficie, que linda polo leste coa estrada, e outro de uso veterinario de 30 m.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 315, libro 76, folio 22, predio nº 6.171, inscrición 3ª.

5. Urbano. Casa de baixo e planta alta, sita no barrio de Oleiros, parroquia de Santo Estevo, municipio de Castrelo de Miño (Ourense), cunha superficie aproximada de 59 m, cunha fronte de 7,40 m lineais; ten un anaco de terreo de 24 m polo oeste, e outro de 29 m polo sur cun fondo este último de 4 m en todo o largo da casa, e linda todo o conxunto, que forma un só predio: norte, estrada de Ourense a San Clodio; sur, viña de Florentino Sobrino Álvarez; leste, casa do mesmo Florentino Sobrino Álvarez, parede que fai medianil entre ámbalas dúas; e oeste: camiño público.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ribadavia no tomo 454, libro 76, folio 129, predio nº 9.954, inscrición 2ª.

6. Urbano. Terreo sito no barrio da Forca, municipio de Salvaterra de Miño (Pontevedra), cunha superficie de nove áreas e setenta e cinco centiáreas. Linda: norte e sur, Joaquín Morales Abril; leste, estrada a Teáns; e oeste, regato. Sobre este soar construíuse unha casa composta de baixo e planta alta.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ponteareas no tomo 532, libro 156, folio 107, predio nº 15.919, inscrición 6ª.

7. Urbano. Local nº 2, situado na primeira planta dunha edificación de tres plantas que ten a súa entrada pola Avenida 26 de Xullo, da vila de Tui (Pontevedra). Conta cunha superficie construída de 73,80 m, e útil de 68 m. Linda: á súa fronte ou oeste, camiño particular nun plano máis baixo; esquerda entrando ou norte, dereita ou sur, e fondo ou leste, co local nº 1. Ten o seu acceso a través dun corredor de 36,90 m, desde a Avenida 26 de Xullo e o camiño particular en plano máis baixo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui, no tomo 697, libro 157, folio 138, predio nº 17.226, inscrición 3ª.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, dezaoito de setembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

7455