1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras e Asistencias.
b) Número de expediente: As97/21.
2. Obxecto do contrato: prestación do servicio de actividades incluídas no Programa de Desenvolvemento Xitano correspondente a 1997.
Prazo de execución: véxase anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 3.691.400 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 2% do custo de cada actividade que figura no anexo ó prego de cláusulas administrativas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: véxase punto e. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña.
d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.
7. Clasificación empresarial: non se esixe.
8. Presentación de ofertas.
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará esta automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica. Documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso da prestación do servicio de actividades incluídas no Programa de Desenvolvemento Xitano correspondentes a 1997.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 5 de setembro de 1997.
O alcalde
P.D.
Rubricado
7492