Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1997, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 3CCP/97, que ten por obxecto a adquisición de equipos de administración de fluídos.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 22-5-1996, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos; e para dar cumprimento do previsto no art. 94 da Lei 13/1995 de 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3.

c) Número de expediente: 3CCP/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipos de administración de fluídos.

Lotes 1: equipo goteo dosificador 150 ml. (Microgoteiro).

Lote 2: equipo goteo estándar en Y.

Lote 3: dosificador de precisión.

c) Anuncio de licitación publicado no BOE nº 103 do 30 de abril de 1997 e no DOG nº 87 do 8 de maio de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 43.590.000 ptas. (IVE incluído) (corenta e tres millóns cincocentas noventa mil pesetas).

5. Adxudicacións:

a) Data: 30 de xuño de 1997.

b) Contratistas:

Lotes 1 e 3Laboratories Abbot, S.A.

r/ Josefa Valcárcel, 48-28027 Madrid.

Lote 2Sendal, S.A.

Avda. Gran Vía Seat, s/n 08760

Martorell (Barcelona).

c) Nacionalidades: españolas.

d) Importe da adxudicación: 40.014.720 ptas.

Lote 1: 4.151.600 ptas.

Lote 2: 26.553.120 ptas.

Lote 3: 9.310.000 ptas.

A Coruña, 12 de agosto de 1997.

Antonio V. Martínez Calvo

Director Provincial da Coruña

7494