Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de mantemento para o sistema telemático Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) do servicio de mantemento para o sistema telemático Igatel.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo,

15701 Santiago de Compostela. Tel.: (981) 54 11 01. Fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 16/97.

2. Obxecto do contrato: servicio de mantemento do sistema telemático Igatel. O dito obxecto desagrégase en catro lotes:

Lote 1: mantemento preventivo.

Lote 2: xestión do mantemento correctivo.

Lote 3: mantemento da aplicación central.

Lote 4: tarefas de administración.

b) Prazo de execución: un ano desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 6.000.000 de ptas., IVE Incluído.

O dito orzamento máximo distribúese a razón de:

Lote 1: 1.800.000 ptas.

Lote 2: 750.000 ptas.

Lote 3: 3.000.000 de ptas.

Lote 4: 450.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% da suma dos orzamentos máximos licitados para os lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado, o plazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou

por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 13 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1997.

Diego Diz Fernández

Dirextor xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

7169