Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1997 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a contratación do levantamento da cartografía a escala 1/1.000 na zona do extrarradio do municipio.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As97/22.

2. Obxecto do contrato: levantamento da cartografía a escala 1/1.000 na zona do extrarradio do municipio.

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 10.500.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 210.000 ptas. (IVE incluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto e. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará esta automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica. Documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación do levantamento da cartografía a escala 1/1.000 na zona do extrarradio do municipio.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 8 de setembro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

7495