Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.713

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/036 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o oportunoi sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 96/036, convocada por Resolución do 17 de xullo de 1996 (BOE do 14 de agosto), comisión que se cita no anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publciación.

A Coruña, 11 de setembro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Praza nº: 96/036.

-Comisión titular:

Presidente: García Villalón, Julio. Catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Secretario: Pedreira Andrade, Luis Pedro. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Aguera Sirgo, José Manuel. Catedrático de universidade. Universidade de León.

Brandes Moline, Eduardo Martín. Catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Bacaria Colom, Jordi. Catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

-Comisión suplente:

Presidente: Miguel Domínguez, José Carlos de. Catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Secretario: López López, Miguel Ángel. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Fajardo Caldera, Miguel Ángel. Catedrático de universidade. Universidade de Estremadura.

Rojo García, José Luis. Catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Palacio Morena, Juan Ignacio. Catedrático de universidade. Universidade Castelán-Manchega.

7236