Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.713

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e emprazamento (76/1997).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, de conformidade coa providencia proposta con esta data nos autos de xuízo declarativo de menor contía número 76/1997, seguidos por instancia da entidade mercantil Granitos de Xallas, S.L., representada pola procuradora Rita Goimil Martínez, emprázase ó demandado en paradoiro descoñecido, Francisco Javier Lago Rodríguez, para que no prazo de dez días compareza en autos, en legal forma, coa prevención de que se non comparece será declarado en rebeldía e que recaerán sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento ó demandado, Francisco Javier Lago Rodríguez, expídese a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O/A secretario/a

Rubricado

7355