Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.708

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1997 pola que se anuncia convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo.

Portos de Galicia convoca probas de selección para cubri-la seguinte praza de persoal laboral fixo:

1 Xefatura do Departamento de Contabilidade e Tesourería.

1. Requisitos xerais.

a) Ter nacionalidade española e ter cumpridos os 18 anos de idade.

b) Estar en posesión dos requisitos esixidos e da titulación académica (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea), ou da experiencia profesional que se require para a praza.

c) Posuí-la capacidade funcional, física e psíquica para o desempeño das tarefas habituais de cada praza.

d) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

2. Requisitos específicos da praza.

Os requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse para a praza son:

-Título mínimo esixido: licenciatura e Ciencias Económicas ou Empresariales, ou experiencia profesional acreditada (por certificado de empresa ou vida laboral da Seguridade Social), de 5 anos en postos similares.

Outros coñecementos necesarios para cubrir este posto:

Coñecementos sobre: ámbito normativo do Ente Público Portos de Galicia e xestión de servicios de estructuras afíns ós portos, Plan Xeral de Contabilidade Pública e das empresas mercantís e normas de valoración, contabilidade orzamentaria, sistemas de información contable para a Administración institucional e para as empresas mercantís, sistemas de xestión económico-patrimonial do inmobilizado, planificación e organización contable, contas anuais.

Valorarase:

Capacidade de xestión externa especialmente de relación con entidades, empresas e institucións, coñecementos sobre implantación dos subsistemas contables, coñecementos de sistemas de información contable para a Administración institucional e para as empresas mercantís, Windows NT, Oracle, sistemas de xestión económico-patrimonial do inmobilizado.

Tódolos requisitos xerais e específicos, deberán posuírse no día da remate do prazo de presentación de solicitudes, e mantelos ata o asinamento do correspondente contrato.

3. Solicitudes.

Para tomar parte nas probas de selección deberase presentar solicitude de acordo co modelo de instancia que figura no anexo I xuntando ademais a seguinte documentación:

1. Forma.

-Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite os requisitos mínimos xerais e específicos.

-Documentación acreditativa dos méritos que se aleguen para a súa valoración, ben orixinal ou fotocopia compulsada. Acreditarase a experiencia con historial completo da Seguridade Social ou con certificado de empresa.

2. Lugar e prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte

ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes dirixidas ó presidente do Ente Público Portos de Galicia, presentaranse no rexistro xeral do ente público, na praza de Europa, 5A-6B, 15.707, Santiago de Compostela.

4. Procedemento de admisión e selección.

1. Esgotado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, coa motivación da exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de 5 días naturais para, por petición do interesado, emendar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, incluíndo lugar e data en que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do DNI. Estas listas serán publicadas nos taboleiros de anuncios de Portos de Galicia.

2. As probas de selección consistirán nunha proba teórico práctica e entrevista persoal.

A) Proba teórico-práctica.

-Proba teórico-práctica: versará sobre os coñecementos e demais requisitos, esixidos na convocatoria para cubrir este posto, a que haberá que superar para pasar á entrevista persoal.

A proba teórico-práctica poderá realizarse nunha ou dúas fases a criterio da comisión de selección; en calquera caso, soamente pasarán á entrevista persoal aqueles candidatos que superen a dita proba.

Unha vez corrixida a proba teórico-práctica, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios de Portos de Galicia, a lista de aprobados e suspensos, e incluirá o lugar e a data de realización das entrevistas persoais.

B) Entrevista persoal: valoraranse os coñecementos do candidato, ademais da súa adecuación ó posto de traballo. Para tal efecto, a comisión poderá comentar co aspirante cuestións relacionadas co programa e coas funcións que hai que realizar.

C) Finalizado todo o proceso anterior, a comisión de selección publicará o nome das persoas seleccionadas no taboleiro de anuncios de Portos de Galicia, facendo consta-la data de ingreso, así como a documentación complementaria que deberán achegar para formaliza-lo contrato.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Portos de Galicia

7485