Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/148-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, Pol. A Grela-Bens, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Rañado.

Situación: Melide.

Características técnicas: acometida de liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, de 2 m de lonxitude, con orixe en liña Melide-Melide (expediente 29993) e final en C.T. Rañado. Centro de transformación aéreo de 100 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, en Rañado, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 665 m e subterránea de 18 m. Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7439