Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 10 de setembro de 1997, da instrutora do expediente disciplinario que a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais lle ordenou instruír por acordo do 18 de novembro de 1996, a Dolores Mercedes García Rubio, pola que se notifican diversos trámites levados a cabo no devandito expediente.

Por medio do presente edicto notifícaselle a Dolores Mercedes García Rubio, auxiliar de enfermería do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, por ter enderezo descoñecido, os seguintes trámites levados a cabo no expediente disciplinario que se lle instrúe:

1º. Iniciación das actuacións, con data do 13 de marzo de 1997.

2º. Paralización provisional das actuacións, con data do 9 de abril de 1997.

3º. Reanudación das actuacións, con data do 20 de xullo de 1997.

4º. Elaboración do prego de cargos, con data do 10 de setembro de 1997, que se atopa á súa disposición nos locais da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3 (Unidade de Recursos e Reclamacións, 4ª planta), para que a expedientada poida, no prazo de oito días, exerce-lo seu dereito de vista e presente as alegacións que considere pertinentes na súa defensa.

Así mesmo, cítase a Dolores Mercedes García Rubio para que compareza perante este órgano instructor sito na Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3 (Unidade de Recursos e Reclamacións, 4ª planta), o vindeiro día 3 de outubro de 1997, co fin de prestar declaración.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 10 de setembro de 1997.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora

7130