Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/147-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, Pol. A Grela-Bens, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I. e R.B.T. Vilasanche.

Situación: Ferrol.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV apoio de formigón e con conductor LA-56, de 10 m, con orixe na liña Sta. Mariña-Covas (tramo Serantellos-Viladóniga, expediente 7306) e final en C.T. Vilasanche, que se instalará. Centro de transformación, tipo aéreo, en Vilasanche, de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7351