Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/146-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, Pol. A Grela-Bens, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. en r/ Médico Rodríguez, 6.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 105 m, con orixe e final no centro de transformación (C.T.) que se instalará na r/ Médico Rodríguez, 6, pasando por C.T. Teresa Herrera. Centro de transformación en r/ Médico Rodríguez, 6, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7348