Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/134-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, Pol. A Grela-Bens, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Tatín-Igrexa.

Situación: Bergondo.

Características técnicas: liñas eléctricas de media tensión a 15/20 kV:

-De 20 m aérea, sobre apoio de formigón e conductor LA-110, con orixe na liña O Pedrido-Sada (expediente 27217) e final na mesma liña.

-De 200 m, subterránea, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, con orixe e final na liña O Pedrido-Sada (expediente 27217).

-De 65 m, subterránea, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, con orixe e final na liña O Pedrido-Sada (expediente 27217) e pasando por C.T. Tatín (expediente 50628).

Centro de transformación, tipo interior prefabricado, de 400 kV e tensión de 15/20/0,380-0,220 kV en Tatín-Igrexa. Municipio de Bergondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7349