Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 216/1996).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo social en Avda. de Arteixo, 171. A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Proxecto de cambio de tensión de 10 a 20 kV, das seguintes instalacións: liña eléctrica aérea que, partindo da subestación da subestación de Palmeira, por un lado se dirixe o C.T. Insuela e por outro lado ata A Pobra C.T. de Campiño. Centros de transformación aéreos de Orsón (160 kVA) e Campiño (160 kVA) e en caseta de San Pedro (160 kVA), Insuela (250 kVA), Lomba (250 kVA), A Rochela (400 kVA) e Baquero (400 kVA). Ribeira e A Pobra.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7350