Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: C.T. casa da cultura.
Situación: Ribeira.
Descricións técnicas: centro de transformación tipo interior de 400 kVA a 20 kV, B-2, está ali
mentado pola L.M.T. 02 da subestación de Palmeira, con saídas a C.T. Gode, C.T. Docampo e C.T. Areal-Frinsa. Concello de Ribeira.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 2 de setembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7346