Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo social en Avda. de Arteixo, 171. A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:
-Centro de transformación de 50 kVA a 20.000±2,5-5%/400 V, instalado no parque da central de Fecha, para servicios auxiliares da dita central.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 1 de setembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7352