Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/189-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Soñora.

Situación: concello de Rois.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 30 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. con parada e final no C.T. Soñora. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión en R.Z. de 85 m de lonxitude. Concello de Rois.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 25 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7353